Loading...

Certificados de autenticación

Certificados de autenticación 2018-06-20T06:26:23-06:00

A Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea acreditará unicamente obras orixinais.

Expediranse certificados das obras que fosen examinadas directamente polos técnicos da Fundación. Para iso o solicitante deberá depositar para o seu estudo a obra en cuestión na Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea, que exercerá de depositaria, ou ben facerse cargo dos gastos de desprazamento dos técnicos da Fundación ao lugar onde se sitúe.

O custo económico do transporte da obra, tanto do seu envío como a súa devolución, correrá a cargo do solicitante do Certificado.

A obra remitirase xunto a toda a documentación técnica que se dispoña da mesma para facilitar o seu estudo.

No momento de realizar a solicitude de certificado, o solicitante deberá ingresar na conta da Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea, que se facilitará no seu momento, a cantidade de 50 € en concepto de gastos por apertura de expediente.

Os honorarios polo exame da obra e a expedición da certificación son de 300 €